Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os amantes da ilustración teñen en Vigo un novo centro de referencia

Os amantes da ilustración teñen en Vigo un novo centro de referencia

A Escola de Arte acaba de abrir as súas portas cunha gran libraría, pero tamén como centro para formar profesionais

G24.gal 18/09/2024 20:23 Última actualización 18/09/2024 20:33

Un grupo de docentes con experiencia está á fronte da canteira de futuros ilustradores. Algúns como Víctor Rivas, mestre de ilustración desde hai case corenta anos, dá os primeiros consellos.

Xa está todo preparado para que a aula reciba os primeiros artistas. O obxectivo é crear unha base e que continúen a aprendizaxe nas diferentes modalidades da ilustración.  

Ademais dos cursos de formación, a escola pretende ter a súa propia editorial e publicar os traballos dos alumnos na súa libraría. 

Un espazo máxico para que os amantes do debuxo comecen a súa formación artística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos