Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viñetas do Atlántico recibe os creadores de 'Las Chicas del Pillar'

Viñetas do Atlántico recibe os creadores de 'Las Chicas del Pillar'

A edición número vinte e seis de Viñetas desde o Atlántico volve impregnar as rúas da Coruña dun ambiente de historieta, cor e creatividade

Hai mercado de cómic, exposicións, charlas, visitas, música e cine

G24.gal 09/08/2023 15:08

Hai moitísimo ambiente nesta edición de 2023, dun certame que xa supera o cuarto de século de historia. Destaca a presenza dos autores de novela gráfica máis laureados do momento, os italianos Teresa Radice e Stéfano Turconi.

Tamén da autora underground dos 80 Laura Pérez Verneti que capitanea no Kiosko Afonso unha mostra sobre o papel da muller na banda deseñada. O galego David Rubín, que propón un espectáculo de audioficción dramatizado por Xosé Barato. Hoxe a axenda é apertadísima.

Os autores de Las chicas del Pillar, unha novela gráfica sobre un bordel, aderezada con aventuras de mariñeiros, política, tesouros, tensións de clase e emocións humanas, presentaba hoxe a súa mostra na sala de exposicións de María Pita. 

Radice cos textos e Turconi cos debuxos amosan na Coruña o seu xeito de crear. Á man, cunha documentación minuciosa, un estudo profundo dos personaxes, historias que crean 'in situ', e testan, primeiro cos seus fillos pequenos. E amósanse felices do auxe que a novela gráfica vive como aproximación á historia e xénero literario.

As Viñetas desde o Atlántico veñen coma sempre con mercado, obradoiros infantís... e encontros cos autores. Hoxe asinaba libros Laura Pérez Verneti, a primeira muller que debuxou unha portada de cómic en España.

Superheroínas, das que voan e das que non. Personaxes de todo tipo, que se superan ou se afunden e que nos axudan a coñecernos, a medrar e a gozar. Unha porta aberta a moitos mundos, en que este ano e en homenaxe a Ibáñez nos reciben Mortadelo e Filemón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos