Badosa e Alcaraz bican os cuartos de final do Aberto de Australia
Badosa e Alcaraz bican os cuartos de final do Aberto de Australia
O murciano impúxose a un Draper que abandonou no terceiro set
Badosa superou a Danilovic cun resultado de 6-1, 7-6
Paula Badosa e Carlos Alcaraz están nos cuartos de final do Aberto de Australia. Badosa impúxose a Olga Danilovic en dous sets (6-1, 7-6). O inicio de partido foi demoledor sen deixar meter a súa rival no partido. Máis igualado foi a segunda manga que se tivo que decidir na morte súbita. O tie break amosou unha Badosa chea de confianza e resolveuno dunha maneira contundente (7-2).
Pola vía rápida tamén foi Carlos Alcaraz que viu como o seu rival, Draper, abandonaba no terceiro set. No primeiro houbo igualdade (7-5) pero no segundo apreciouse o baixón do británico e a clara superioridade dun Alcaraz que gañou por 6-1.
Non puido facer nada Davidovich diante de Tommy Paul. O español viña de dous partidos moi duros resoltos no quinto set e o estadounidense pasoulle por riba desde o primeiro punto. O resultado (6-1, 6-1, 6-1) fala ás claras do partido.