Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca empata sen goles co Tenerife e segue sumando

O Deportivo Abanca empata sen goles co Tenerife e segue sumando

O equipo de Fran Alonso aumenta a catro puntos a vantaxe co descenso tras a derrota do Betis

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 22/03/2025 14:41

Unha xornada menos, un punto máis. Ese é o premio que leva o Deportivo Abanca desta fin de semana. A derrota do Betis fronte ao Eibar combianda coa igualada sen goles en Riazor das deportivistas fronte ao Costa Adeje Tenerife permite este pequeno rédito.

Millene Cabral foi a protagonista das mellores opcións galegas no primeiro tempo. Disparou desviado, levou o balonazo no despexe de Noelia Ramos, e volveu atoparse coa intervención da gardameta xa contra o descanso. A brasileira quedou con pouco oco para o disparo.

O segundo tempo foi diferente. O Costa Adeje deu un paso adiante e puxo en perigo a meta de Inés Pereira.  Lena Silano obrigoulle a intervir á  gardameta portuguesa. Clau Blanco, incorporada ao partido no intermedio, buscou o gol cun disparo que se foi cruzado. 

Fran Alonso introduciu varios trocos pero sen incidencia no xogo e no marcadador. O empate, o cuarto nos últimos cinco partidos, foi un mal menor. A vantaxe co descenso sobe a catro puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade