Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta encadea tres derrotas seguidas por primeira vez con Giráldez

O Celta encadea tres derrotas seguidas por primeira vez con Giráldez

O conxunto vigués encara agora dúas saídas consecutivas ante rivais da zona baixa

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 20/01/2025 15:41 Última actualización 20/01/2025 15:46

Por primeira vez desde que Claudio Giráldez colleu os mandos do banco celeste en marzo de 2024, o Celta encadeou tres derrotas seguidas tras caer este domingo ante o Athletic Club. A derrota diante o conxunto bilbaíno en Balaídos, onde os celestes non perdían desde o 19 de outubro, súmase ás dúas sufridas ante o Raio Vallecano en Liga e ante o Real Madrid nos oitavos de final da Copa do Rei.

Os últimos tropezos ligueiros afastaron ao Celta da pelexa polos postos europeos, da que agora lle separan seis puntos, un máis que o que mantén sobre a zona de descenso, que pecha o Español con 19. O equipo vigués, que unicamente gañou un partido a domicilio dos nove que disputou en LaLiga, encara agora dúas saídas consecutivas ante rivais da zona baixa, xa que se medirá o Deportivo Alavés (17º, con 20 puntos) e Valencia (19º, con 16 puntos).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar