Cargando resultados...
O serbio Luka Krivokapic, reforzo para a portería do Cangas
O serbio Luka Krivokapic, reforzo para a portería do Cangas
Chega para substituír a Jorge Pérez, lesionado de gravidade
G24.gal
20/01/2025 15:33
Última actualización 20/01/2025 15:36
Na Liga Asobal, o Frigoríficos do Morrazo presentou hoxe o porteiro serbio Luka Krivokapic, que chega para substituír a Jorge Pérez, lesionado de gravidade.
Jorge Perez lidera a clasificación de paradas da Liga. Estaba a ser o mellor xogador do Cangas. A decisión do porteiro foi doada.
”Tanto Dani Fernández como Rodrigo Corrales faláronme marabillas de Cangas”
Krivokapic ten 22 anos, vén cedido polo Stuttgart e ten experiencia no baonmán español porque a temporada pasada xogou no Puerto Sagunto.