Protestan con pintadas fálicas no asfalto dunha vía en mal estado de Cangas
Protestan con pintadas fálicas no asfalto dunha vía en mal estado de Cangas
O problema está na rede de saneamento anticuada e insuficiente que discorre por debaixo
As vías públicas están xa en por si ateigadas dunha morea de sinais e advertencias de tráfico. Pero en Cangas dun tempo a esta parte afloraron unhas novas a rentes do chan, para sinalizar as numerosas fochancas da vía Espírito Santo, na parroquia de Coiro.
Os debuxos e mesmo algunha escultura expresan ben ás claras ata onde chega a indignación da veciñanza con motivos fálicos.
O asfalto afúndese no carril baixo o que discorrre a deficiente rede de saneamento que cumpriría modernizar.
"Hai que levantar e poñer unha tubaxe máis grande para que non rebente tanto".
"Arranxáronas hai quince días e xa está roto de novo porque está todo minado por abaixo".
Tras anos agardando, din que nin Deputación nin Concello se fan cargo de arranxar unha das súas vías máis transitadas, cun colexio e o enlace coa autovía.
Ata idearon unha campaña en redes co cancelo #apollacoiro.