Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprobado o proxecto dun novo ramal para conectar a A-54 coa N-547 en Lugo

Aprobado o proxecto dun novo ramal para conectar a A-54 coa N-547 en Lugo

Prevese investir 6,7 millóns de euros no futuro enlace, que terá 1,5 km de lonxitude e un paso superior

Mapa do proxecto do futuro ramal (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible) Mapa do proxecto do futuro ramal (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible)
G24.gal 26/12/2024 13:32

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible aprobou o expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto de construción dun novo ramal para conectar a autovía de Santiago–Lugo (A-54) coa estrada N-547 a través da futura ligazón de Remonde na provincia de Lugo, cun orzamento base de licitación estimado de 6,74 millóns de euros (IVE incluído).

O obxectivo da obra é conectar a autovía A-54 coa estrada nacional N-547 a través dunha ligazón de conexión de 1,5 quilómetros que contará cun paso superior e mellorará a mobilidade en Melide e Palas de Rei, unha vez que se poña en servizo o tramo da A-54 que actualmente está en execución. 

Segundo indica o Ministerio, o trazado configurarase para conseguir que non afecte o LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) da Serra do Careón e así minimizar a afección á parcela de agricultura ecolóxica mencionada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade