Reabre a ponte que se derrubara en Xunqueira de Espadanedo
Reabre a ponte que se derrubara en Xunqueira de Espadanedo
Nesta obra, executada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Xunta de Galicia investiu 2,3 millóns de euros
Os traballos de reconstrución do muro de carga derrubado foron complicados e alongáronse durante 10 meses
Cumpriu colocar unhas 2.500 pedras de granito para recuperar a estrutura
Reabriu ao tráfico rodado a ponte que se derrubara en febreiro deste ano no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo. A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, investiu 2,3 millóns de euros nas obras de reconstrución da ponte. Está situada sobre unha estrada autonómica que comunica a cidade de Ourense coa comarca de Trives.
Dez meses despois, volven circular os coches pola ponte da estrada autonómica OU-536 (cincocentos trinta e seis), ao seu paso polo concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo. A obra para recuperar o muro de carga derrubado foi complicada e foi preciso colocar unhas 2.500 pedras de granito.
O derrubamento de parte da ponte construída a principios do século XIX ocorreu o 26 de febreiro deste ano e obrigou a veciños e visitantes a dar un rodeo polas aldeas. Agora celebran a resconstrución da ponte.
Nesta obra, executada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Xunta de Galicia investiu 2,3 millóns de euros.