Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha escavación revela un dos neveiros máis grandes de Galicia en Xunqueira de Espadanedo

Unha escavación revela un dos neveiros máis grandes de Galicia en Xunqueira de Espadanedo

Xa se sabía del, pero non das súas dimensións, con nove metros de diámetro

Os neveiros foron moi populares séculos atrás, para conservar o xeo das nevaradas

G24.gal 03/07/2024 14:28 Última actualización 03/07/2024 16:09

A escavación revelou unha estrutura moito máis grande do que se prevía inicialmente, non tanto en profundidade, entre 5 e 6 metros, como en diámetro: 9 metros, un máis do que lle calculaban.

Tamén saíu á luz unha escaleira de obra da que non se sabía, dúas portas de acceso e os desaugadoiros, aínda operativos, polos que evacuaban a auga para que non se derretese o xeo.

Luis Cordeiro, arqueólogo de Citania: "Ían despois compactando a neve, converténdoa en xeo, e botábanlle unha capa de vexetación, outra de neve... coma unha milfollas, para facer o xeo".

A primeira referencia escrita deste neveiro data do século XVII, cando a Pequena Idade do Xeo estendeu esta práctica nas zonas montañosas. Está vinculado ao mosteiro de Xunqueira, pero era o cabido de Ourense quen o arrendaba, con distintos fins, desde a conservación de alimentos á elaboración de refrescos.

Luis Cordeiro, arqueólogo de Citania: "Para sorbetes, limoadas..., ían máis destinados a clases altas".

Fóra repousa, á espera de orzamento, a pedra que sacaron do interior e que en tempos foi a cúpula do neveiro.

Eugenia Muñoz, técnica de Cultura e Turismo de Xunqueira de Espadanedo: "Imos buscar a oportunidade porque cremos que o que apareceu é suficientemente importante para por en valor todo o espazo".

Para empezar, van facer visitas guiadas, para turistas e para os propios veciños, para que coñezan os tesouros do seu concello.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade