Arqueólogos traballan en Muíños para recuperar un dolmen danado por unha máquina nos 60
Arqueólogos traballan en Muíños para recuperar un dolmen danado por unha máquina nos 60
O dolmen da Veiga de Maus de Salas quedou parcialmente destruído durante a construción do encoro
A reconstrución parte dunha iniciativa para impulsar o circuíto megalítico do Val da Morte
Escavacións arqueolóxicas no concello ourensán de Muíños para recuperar un dolmen destruído nos anos 60 por unha máquina, durante a construción do encoro de Salas. O obxectivo dos traballos é pór en valor o amplo patrimonio megalítico co que conta esta zona coñecida tamén como Val da Morte.
Trátase do dolmen da Veiga de Maus de Salas, do que non quedou moito en pé desde a construción do encoro, cando unha máquina levantou a metade do monumento.
"Como estaba deteriorándose continuamente polas subidas e baixadas do encoro e corría o perigo de desprenderse o que quedaba, decidiron intervir neste dolmen para poder reconstruílo e asegurar a súa permanencia no futuro", explica David Pérez, arqueólogo.
A iniciativa partiu do concello de Muíños en colaboración coa dirección xeral de Patrimonio co obxectivo de impulsar o circuíto megalítico que hai na zona onde xa se recuperaron varios monumentos funerarios. Unha parte deles quedaron asolagados polo encoro
A alta concentración deste tipo de monumentos funerarios fan que este val sexa coñecido tamén como Val da Morte. Unha ruta e unha aula do megalitismo permite coñecer parte deste patrimonio visitado no que levamos de ano por unhas cinco mil persoas.