Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escavación do castro de Montes Claros, na Laracha, descobre máis vestixios

A escavación do castro de Montes Claros, na Laracha, descobre máis vestixios

O equipo que dirixe Puri Soto achou unha peza de bronce que, con seguridade, achegará máis información sobre un poboado castrexo que suscita o interese do CSIC

Imaxe da peza de bronce achada este xoves polo equipo de escavación no castro de Montes Claros da Laracha
G24.gal 31/10/2024 14:15 Última actualización 06/11/2024 13:28

O castro de Montes Claros, situado no corazón de Bergantiños, supón -en palabras da directora desta escavación que financia a Xunta- unha aposta do Goberrno municipal da Laracha polo patrimonio arqueolóxico e a protección ambiental. A ledicia do equipo é patente ante o achado dunha peza de cobre.

Puri Soto, directora das intervencións arqueolóxicas no castro, explica que unha vez limpada, "verase se ten algunha inscrición ou información que indique se é un elemento decorativo ou doutro tipo".

Podería tratarse do complemento doutra peza achada na escavación do ano pasado. E engádese aos vestixios xa descubertos, como unha pedra de moer ou un ladrillo.

O camiño cara á croa ofrece unha panorámica recente ata facerse de 360 graos. No cumio, o elemento pétreo asociado á lenda do cabaleiro xentil.

A área do castro vai ser tamén en breve o hábitat de cinco cabalos. Sobre isto, adianta Xacobo Pérez, o presidente da Asociación Cabalo Galego que "imos traer algo único no mundo: unha mestura de poni cun burro albino que temos nós".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade