Cargando resultados...
José Manuel Costa: "Aínda sabemos moi pouco da conquista romana de Galicia"
José Manuel Costa: "Aínda sabemos moi pouco da conquista romana de Galicia"
O proxecto Finis Terrae investiga a conquista romana do Noroeste da Península
Estudáronse campamentos militares na Laracha e en Touro
A iniciativa fai fincapé na divulgación á sociedade con ferramentas innovadoras
Ilustración de Alberto Taracido sobre a fortificación do Castrillón (Touro)
G24.gal
23/09/2024 18:06
O proxecto Finis Terrae pescuda e divulga a conquista romana do Noroeste da Península. Os investigadores estudaron os campamentos militares de Santa Baia (A Laracha) e O Castrillón (Touro) e transformaron os resultados científicos en ilustracións, recreacións virtuais e podcast.
O Diario cultural da Radio Galega conversou con dous integrantes do proxecto: o seu coordinador José Manuel Costa-García, profesor da Universidade de Salamanca, e mais o director arqueolóxico Francisco Alonso Toucido.