Veciños dunha aldea de Xunqueira de Espadanedo piden medidas de seguridade polo incremento de coches que circulan pola zona

Acontece dende que se pechou ao tráfico a 536, polo arranxo da ponte que se veu abaixo
O desvío habilitado é por Niñodaguia pero son moitos os que acurtan por esta aldea
Ata douscentos coches nun día chegaron a contabilizar os veciños da pequena aldea de Vilariño. Habitualmente non pasan polas estreitas rúas desta localidade máis cunha ducia de vehículos. O incremento de tráfico ten preocupados aos veciños que se queixan ademais do exceso de velocidade de moitos coches.
Unha situación que padecen dende hai semanas, cando se cortou ao tráfico a 536 á altura da ponte de Xunqueira de Espadanedo que caeu un par de días despois. O desvío habilitado é por Niñodaguia pero moitos condutores, por coñecer o atallo ou polo GPS, atravesan esta pequena aldea na que viven unha vintena de veciños, a maioría maior.
Piden que se adopten algún tipo de medida de seguridade para evitar unha desgraza. Dende a Xunta comprométense a estudar o funcionamento do desvío mentres non rematan as obras, inicialmente prevista para tres meses pero que poderían alongarse máis debido a que os traballos están a ser máis complicados do previsto.