Cargando resultados...
Avalían o alcance dun novo afundimento na estrada OU-536
Avalían o alcance dun novo afundimento na estrada OU-536
Apenas tres meses despois de ser reconstruído, o firme da ponte volveu ceder
A orixe do problema pode ser un fallo estrutural
G24.gal
30/01/2024 14:42
Hai preocupación entre os usuarios habituais da OU-536 e tamén entre os veciños de Xunqueira de Espadañedo polo estado desta estrada. Apenas tres meses despois da súa reparación un novo afundimento nesta vía volve causar problemas. A fochanca está sinalizada e os técnicos xa revisaron a zona.
Dende a Axencia Galega de Infraestruturas xa confirmaron que a reparación se vai acometer de maneira inmediata porque xa localizaron a orixe do problema. É un fallo estrutural e non do firme, como se pensaba nun primeiro momento.