Estradas do Estado confirma a apertura do treito da A-54 entre Melide e Palas de Rei para principios de 2025

Estanse a realizar os últimos trámites administrativos para a posta en servizo deste tramo da autovía Lugo-Santiago
Juan Pedro Fernández ratifica o 30 de decembro como data da reapertura do viaduto da A-6 que se esborrallou en 2022, e destaca o tempo récord das obras
O director xeral de Estradas do Estado, Juan Pedro Fernández, situou "nos primeiros días de 2025" a apertura do novo tramo da autovía Lugo-Santiago.
Ao preguntarlle polo novo tramo da autovía Lugo-Santiago, sinalou que están rematando algúns trámites administrativos, como unha auditoría de seguridade viaria, para a posta en servizo a principios de 2025.
Dixo isto respondendo a preguntas dos xornalistas nunha visita á cidade herculina vinculada ás obras en Alfonso Molina para a súa remodelación.
Por outra banda sobre o viaduto do Castro na A-6, que reabrirá o día 30 deste mes, ratificou esta data e destacou o tempo "récord" no que se executaron estas obras, tras o seu derrubamento hai dous anos.