Esixen solucións ás fochancas que aparecen marcadas con pintura nunha vía de Bembrive
Esixen solucións ás fochancas que aparecen marcadas con pintura nunha vía de Bembrive
Advertir do perigo e esixir solucións son os obxectivos das pintadas anónimas
Cada día os usuarios da vía que une a parroquia viguesa de Bembrive coa A-55 padecen as numerosas fochancas que rexistra esta estrada, asegurando que semellan pasar por un terremoto e que os foxos danan os seus vehículos, converténdose tamén nun risco para a seguridade viaria.
Hai uns días, as fochancas apareceron marcadas con pintura e ninguén sabe quen é o autor, pero pensan que podería tratarse dun veciño da zona cun dobre obxectivo: por unha banda advertir do perigo aos condutores que así mesmo invaden o carril contrario para esquivar as fochancas e, por outra, chamar a atención e esixir solucións ás administracións competentes.
Con bo humor a veciñanza tamén apela aos Reis Magos e confían en que a maxia do Nadal e estas pintadas traian dunha vez por todas a reparación da vía.