Publicador de contidos
Publicador de contidos

Usuarios da A-52 reclaman melloras para evitar os sinistros que se producen a diario na vía

Usuarios da A-52 reclaman melloras para evitar os sinistros que se producen a diario na vía

Din os transportistas que ten fochancas e o firme está moi deteriorado co perigo que isto supón na condución de xeito especila en días de chuvia

G24.gal 20/01/2025 13:52

Esta fin de semana rexistrouse o último accidente no túnel de Folgoso, na Cañiza. O sinistro obrigou a pechar un carril ao tráfico. Foi de madrugada e non provocou problemas na circulación como noutras ocasións. 

Desvíos ou retencións acostuman ser as consecuencias dos sinistros ou dos traballos de acondicionamento do túnel pero os condutores non o consideran unha infraestrutura perigosa. 

Porén os seus usuarios falan de alta sinistralidade da autovía que conecta Galicia coa meseta noutros tramos. Unha estrada perigosa polo seu mal estado de conservación. Din os transportistas que ten fochancas e o firme está moi deteriorado co perigo que isto supón na condución de xeito especila en días de chuvia. 

Algúns tramos foron acondicionados recentemente. Obras longas con moitos prexuízos para os usuarios que seguen a reclamar melloras para unha vía pola que circulan milleiros de vehículos a diario.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade