Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retencións quilométricas na A-52 en Allariz por dous accidentes

Retencións quilométricas na A-52 en Allariz por dous accidentes

Tráfico recomenda tomar a saída 202 en Sandiás e continuar a marcha pola N-525

G24.gal 03/11/2024 20:20 Última actualización 03/11/2024 20:28

Dous accidentes de tráfico, sen persoas feridas, provocou retencións quilométricas na Autovía A-52 á altura de Allariz, segundo informa a Garda Civil.

Os sinistros rexistráronse en sentido crecente nos puntos quilométricos 207, con dous implicados, e no 205, con catro vehículos, entre eles, o de mantemento da vía.

A Dirección Xeral de Tráfico recomenda tomar a saída 202 en Sandiás e continuar a marcha pola N-525.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade