Publicador de contidos
Publicador de contidos

Complicacións na autovía A-52 polo peche do túnel da Cañiza

Complicacións na autovía A-52 polo peche do túnel da Cañiza

O desvío supón un rodeo duns doce quilómetros por estradas nacionais

Dende o luns ata o mércores está cortado en sentido Ourense e dende o mércores, en sentido Vigo

G24.gal 21/10/2024 14:24

O túnel de Folgoso en dirección Ourense xa está pechado ao tráfico. Os vehículos teñen que saír da A-52 para coller o desvío por Fontefría ata que poidan retomar a autovía, o que supón dar un rodeo duns doce quilómetros por estradas nacionais. 

O xoves e ata o próximo sábado quedará pechado o túnel en sentido inverso, é dicir, en dirección Vigo e vehículos volverán coller o desvío por Fontefría. Trátase da principal conexión polo sur de Galicia coa Meseta española, de maneira que son moitísimos os condutores afectados.

O peche débese ás obras de reparación dos danos como consecuencia dos temporais e o derradeiro incendio dun vehículo, dentro do propio túnel, hai un mes. 

Está previsto que o túnel permaneza pechado ata o próximo sábado ás doce da noite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade