Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación de Comercio pide medidas compensatorias polas obras no centro de Lugo

A Federación de Comercio pide medidas compensatorias polas obras no centro de Lugo

Os traballos de peonalización, que seguirán polo Nadal, prorrogáronse ata finais do inverno

G24.gal 30/10/2024 13:50

Unha tenda da céntrica rúa da Raíña, en Lugo, non aguantará ata a campaña de Nadal. Segundo a súa xerencia, o negocio botará o peche a comezos de decembro debido ás perdas provocadas polas obras de peonalización.

Outros comercios non chegarán a ese extremo, pero tamén se queixan do impacto destes traballos nas súas contas.

Isabel López, comerciante"Nótase en todos. Ás veces vai dar unha volta por aí e non hai ninguén en ningún comercio. haoi pouca xente. Aquí ás oito da tarde xa non hai ninguén. É así".

Javier Pérez, dependente dun comercio: "Levamos moito tempo xa con todo cortado. Cada pouco tempo van cambiando a zona e hoxe abren por aquí e mañá por outro lado. Xa se está demorando moito".

Co fin de contrarrestar a perda de parte da clientela, dende a Federación Galega de Comercio piden compensacións. Inciden nos impostos e en medidas que animen a mercar no centro da cidade.

José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio: "Incentivar as compras  no comercio dalgunha maneira, e recompensar os consumidores que compran no comercio local con sorteos en que se lles poida reverter diñeiro para seguir comprando".

Prevíase que as obras no recinto histórico de Lugo rematasen o pasado verán. Tras seren aplicadas senllas prórrogas, o tramo comprendido entre a rúa Montevideo e a praza de Ferrol deberá estar concluído a finais de febreiro, un mes antes que o da praza de Santo Domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade