Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o estado ruinoso de varias casas na parroquia chantadina de Esmeriz

Denuncian o estado ruinoso de varias casas na parroquia chantadina de Esmeriz

A instancias do Defensor do Pobo, parte das vivendas de Regoufe van ser derrubadas

Un dos inmobles en mal estado de conservación
Félix Aragunde 02/12/2024 13:44

Tres antigas vivendas de Regoufe, na parroquia chantadina de Esmeriz, levan tempo en moi mal estado. Tanto é así, que supoñen un perigo para os transeúntes ao pasar á beira delas.

O problema é especialmente grave para a veciña que reside máis preto destas casas. Trátase dunha muller de idade avanzada, que vive exposta a que en calquera momento poida ser vítima dun desprendemento.

Debido a esta situación delicada, o caso chegou ata o Defensor do Pobo. Como resultado, o organismo estatal dirixiuse ao Concello de Chantada para instalo a derrubar, canto antes, as casas en ruínas.

Pola súa parte, o Goberno local anunciou que vai tirar abaixo polo menos dúas das vivendas afectadas, coa intención de aproveitar a pedra para obras públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade