Cargando resultados...
A galega Susana Rodríguez, distinguida mellor deportista paralímpica europea
A galega Susana Rodríguez, distinguida mellor deportista paralímpica europea
A viguesa conta cun palmarés que se resume en seis títulos de campioa do mundo, cinco de Europa e dúas medallas de ouro nos Xogos de Tokio e París
G24.gal
22/01/2025 17:22
Última actualización 22/01/2025 17:30
A triatleta galega Susana Rodríguez, seis veces campioa do mundo, foi elixida mellor deportista paralímpica europea de 2024, segundo informou este mércores o Comité Paralímpico Europeo.
Susana Rodríguez, cunha agudeza visual dun 5 % nun ollo e dun 7 % no outro como consecuencia do albinismo, conta cun palmarés que se resume en seis títulos de campioa do mundo, cinco de Europa e dúas medallas de ouro nos Xogos de Tokio e París.
A deportista galega, de 36 anos, é tamén médico especialista en Medicina Física e Rehabilitación nun hospital de Vigo.