Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez: "Chegamos con 40 medallas, pero para min son 41"

Susana Rodríguez: "Chegamos con 40 medallas, pero para min son 41"

A viguesa cualificou como "inxustísima" a descualificación de Elena Congost no maratón feminino

Foto EFE
G24.gal 09/09/2024 17:33 Última actualización 09/09/2024 17:52

Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon na clase PTVI 1 de París 2004 xunto á súa guía, Sara Pérez, cualificou este luns en Madrid como "inxustísima" a descualificación de Elena Congost no maratón feminino, e asegurou que o equipo español regresa da capital francesa con 40 medallas, pero que para ela son 41.

Elena Congost foi descualificada o domingo do maratón tras ser terceira por soltar a corda que a unía á súa guía a poucos metros da meta.

"Considero que obviamente teñen que existir os regulamentos, pero tamén hai que saber como interpretalos. Traemos 40 medallas, pero para min son 41", dixo Rodríguez no aeroporto Adolfo Suárez .

"Son amiga de Elena desde nenas e a verdade é que me pereceu supercruel. Pero olé para ela. Tivo un xesto humano que todos teriamos. Un deportista cego e o seu guía forman un equipo en todo. Se un cae o outro vai axudarlle a levantarse", agregou.

A campioa paralímpica de tríatlon sinalou que o feito de descualificar a Congost "é inxustísimo e vai en contra totalmente dos valores do que promove o movemento paralímpico".

"Espero que no noso país teña o recoñecemento coma se fose un bronce", agregou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar