Cortan a N-550 en Ordes ao envorcar o remolque dun camión cargado de madeira
O remolque envorcou sobre un vehículo que circulaba polo lugar, pero non provocou danos persoais

A estrada N-550 tivo que ser cortada en ambos os sentido á altura do quilómetro 27, ao seu paso por Ardemil, en Ordes (A Coruña) ao envorcar o remolque dun camión cargado de madeira.
Segundo informaron a Europa Press fontes do 112, foi un particular quen informou do accidente sobre as 19,30 horas e sinalou que non había feridos, unha cuestión que confirmou a Garda Civil ao chegar ao lugar.
O remolque envorcou sobre un vehículo que circulaba polo lugar, pero non provocou danos persoais.
Os servizos de emerxencia traballan par restablecer a circulación, que polo momento permanece cortada por completo. Ao momento acudiu a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Ordes e os servizos de mantemento da estrada.