Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aplican a intelixencia artificial á reciclaxe do vidro en Galicia

Aplican a intelixencia artificial á reciclaxe do vidro en Galicia

Mediante o cruzamento de datos en tempo real, Ecovidro prevé alcanzar o 80 % de reciclaxe do vidro en 2027, anos antes do indicado pola Unión Europea

Actualmente, cada galego recicla uns 19 quilos de vidro ao ano

G24.gal 24/02/2025 14:39

Cada vez que se descarga un colector do vidro en Galicia, a empresa que o xestiona recibe os datos exactos da cantidade recollida. Cruzando esa información con outros datos cuantificables, como os movementos turísticos desa zona ou a renda media, fan unha proxección do que se pode facer para mellorar as porcentaxes. É a intelixencia artificial aplicada á reciclaxe.

Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia: "Imos intentar detectar as necesidades reais de 30.000 fogares galegos de distintos municipios, nos próximos anos".

Diríxense a dous públicos ben diferenciados: por un lado, os fogares que desde a pandemia foron collendo cada vez maior peso no resultado final. E, por outro lado, a hostalería, que segue representado preto do 40 por cento de todo o vidro que se recicla.

Floren Santos, hostaleiro: "As empresas de cervexa, refrescos... xa o recollen eles. Pero nós reciclamos envases de viño, etc. Non sei a cantidade exacta, pero un colector á semana, si".

O obxectivo que se marca Ecovidro no plan estratéxico que acaba de presentar é chegar ao 8 0% na reciclaxe do vidro en 2027.

"Adiantarnos cinco anos, chegando xa ao 80 % cando o obxectivo para 2030 é do 75 %", sinala o xerente de Ecovidro.

O vidro é un dos produtos con mellores resultados nos procesos de reciclaxe, xa que permite aproveitar o cen por cento e de xeito indefinido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade