A Coruña vai nomear fillos adoptivos os dous mozos senegaleses que intentaron socorrer a Samuel Luiz
A Coruña vai nomear fillos adoptivos os dous mozos senegaleses que intentaron socorrer a Samuel Luiz
A Comisión de Honras e Distincións do Concello valorou a súa solidariedade
A cerimonia será no salón de sesión do Concello, a partir das seis da tarde
Son Ibrahima e Magatte, os dous mozos senegaleses que na madrugada do 3 de xullo de 2021 trataron de salvar a vida de Samuel Luiz, asasinado tras recibir unha brutal malleira nesta zona do paseo marítimo da Coruña.
A Comisión de Honras e Distincións do Concello valorou a solidariedade que amosaron ante unha persoa que era totalmente descoñecida para eles.
O caso é que o Pleno xa aprobara o seu recoñecemento como fillos adoptivos, dous meses despois dos feitos, en setembro do 2021, pero a homenaxe pospúxose ata agora por petición dos propios mozos. Eles foron quen solicitaron que se celebrase unha vez finalizado o proceso xudicial e coa sentenza ditada.
O acto, que se prevé moi emotivo, terá lugar no salón de sesións do Concello, a partir das seis desta tarde.