Unha vaca irrompe nunha estrada de Nigrán provocando momentos tensos
Unha simple bolsa de pan fixo facilitou que Fariña volvese ao seu fogar tras provocar o corte na circulación
Fariña é a vaca que esta fin de semana decidiu pacer nas marxes da estrada que une A Ramallosa (Nigrán) con Gondomar. Moveu as cercas que a delimitan e fuxiu da Illa de Tali, o refuxio para animais no que vive. Atravesou o río e camiñou medio quilómetro pola estrada.
Foron momentos tensos para ela e para os condutores. A situación requiriu a presenza da Policía Local, que cortou o tráfico para evitar complicacións. Porén, o máis eficaz resultou ser unha simple bolsa de pan. Déronlle de comer e incentivada pola comida volveu cruzar o río para volver ao seu fogar.
Fariña foi indultada nunha explotación gandeira de Lugo. Agora vive na Illa de Tali, un refuxio que dá unha segunda oportunidade a animais abandonados ou maltratados.