Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove treitos de estradas de Galicia, declarados de alto risco de accidente con animais

Nove treitos de estradas de Galicia, declarados de alto risco de accidente con animais

Os treitos declarados de alto risco por animais en Galicia concéntranse en estradas do norte: Foz, San Cibrao, Oleiros, Narón, Pontedeume, Castro de Rei e a zona entre Begonte e Outeiro de Rei

Os xabarís son os responsables de provocar o 45 % dos sinistros nas estradas

G24.gal 12/02/2025 15:26

A presenza de xabarís nas estradas é un problema que foi en aumento nos últimos anos e que preocupa seriamente a condutores e autoridades, de feito, nove treitos de estradas de Galicia están considerados como altamente perigosos pola presenza de xabarís ou doutros animais como corzos ou raposos.

A nacional VI sería, na nosa comunidade, a que máis risco ten de que suframos un accidente pola irrupción dun animal.

Os treitos declarados de alto risco por animais en Galicia concéntranse en estradas do norte: Foz, San Cibrao, Oleiros, Narón, Pontedeume, Castro de Rei e a zona entre Begonte e Outeiro de Rei. Na provincia de Pontevedra só hai un, na rotonda de ENCE, e na de Ourense, ningún.

A mediados de xaneiro, un xabaril coouse na AP-9 e provocou un accidente múltiple no que só resultaron feridas leves algunhas persoas, pero non sempre se ten tanta fortuna e en moitos casos prodúcense sinistros con feridos de gravidade e mesmo con vítimas mortais.

Os xabarís son os responsables de provocar o 45 % dos sinistros nas estradas e, a pesar de que a Xunta abriu a súa caza libre e indiscriminada para tratar de reducir a súa poboación, parece que todo esforzo está a ser insuficiente.

De feito, dende Tráfico aseguran que o problema afecta a toda Europa, e que traballan para buscar unha solución global apoiada nas novas tecnoloxías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade