Usuarios da vía advirten do risco da glorieta de Alqueidón, en Brión
A rotonda está situada na estrada Santiago-Noia e distribúe a circulación coa Picaraña e coa autovía
A glorieta da estrada Santiago-Noia e que distribúe a circulación coa Picaraña e coa autovía no lugar de Alqueirón soporta moito tráfico e con pouco cumprimento do limite de velocidade establecido en 40.
Marcos ten un taller preto da rotonda: "Todo o mundo pensa que ten dereito a paso e ninguén fai o ceda. Coches que baixan moi rápido dun lado e do outro, os camións que veñen á Finsa a descargar tamén baixan que mete medo. Xa ten habido máis dun susto aquí, golpes e mesmo feridos graves", afirma.
As usuarias cotiás, como Lili, advirten de que hai que aplicar os cinco sentidos para non levar un sobresalto: "É bastante perigosa. Todos os camións, as furgonetas..., veñen mangados. Teñen que reducir alá a 50, pero... nada. Daquela chegan á glorieta e o freas ou te comen. Tés que mirar moi ben".
A situación complícase máis cando hai coches aparcados na boca mesmo da glorieta. Pero a velocidade inadecuada é o peor, como sinala Cristina, que circula acotío por aquí: "É moi perigoso. Moitos coches atravesan recto, sen facer a rotonda, e sobre todo os camións son bastante perigosos".
E por se fora pouco, na entrada por onde van máis veloces, unha arqueta de telefónica afundida desde hai anos.