Publicador de contidos

Publicador de contidos

O GPS atrapa os tráilers nunha curva estreita dunha aldea de Carballo

O GPS atrapa os tráilers nunha curva estreita dunha aldea de Carballo

Os veciños do Añón din que o problema se repite con frecuencia desde hai anos

G24.gal 07/02/2025 14:30

Os veciños do Añón din que o problema se repite con frecuencia desde hai anos. Os tráilers do polígono industrial de Bértoa atravesan a súa aldea guiados polo GPS e quedan atrapados nunha curva estreita. 

"Como non poden pasar polo casco urbano de Carballo, o GPS cando van cara a Ordes ou Santiago os manda por aquí".

"Chegan á esquina e non dan virado. Temos que explicarlles os veciños como dar a volta ao fondo deste camiño, na beira do río".


O último non logrou dar a volta e levou por diante o muro de pedra, por sorte, non houbo danos persoais.

"Puido pasar, imaxina que pasa un coche no momento que caeu, e pode pasar, o resto do muro está para caer".

"Esta edificación fai que haxa que facer a curva case en ángulo recto e un camión de gran tonelaxe non pasa".

Un sinal prohibe o paso de vehículos de máis de 10 toneladas polo lugar. Pero ou non o ven, ou ignórano. Os veciños piden solucións.

"Os condutores din que é un sinal pequeno, ou igual van pendentes do GPS e non o miran".

"A solución lóxica é unha circunvalación para que vaian este tipo de camións. Isto é unha pista rural estreita que vale para turismos e furgonetas, pero non aguanta o tráfico pesado".

E mentres esa circunvalación non chega, pretenden maior control do tráfico ou que o Concello ensanche a curva, aproveitando que están con obras de mellora na estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade