A apertura dun treito máis da A-54, a autovía de Lugo a Santiago, non aliviou o tráfico polo centro de Melide
A apertura dun treito máis da A-54, a autovía de Lugo a Santiago, non aliviou o tráfico polo centro de Melide
A apertura dun treito máis da A-54, a autovía de Lugo a Santiago, non aliviou o tráfico polo centro de Melide
A apertura do treito Palas de Rei-Melide da A-54 obrigou a facer un plan de tráfico para Melide, xa que hai que atravesar o centro da vila para coller o enlace da autovía
Aos camioneiros estanlles recomendando que sigan pola estada nacional para evitar retencións, pero os veciños cren que o caos circulatorio chegará nas horas punta
Por unha rotonda do centro de Melide conflúe todo o tráfico que circula pola nacional e o que vén da autovía.
"Esa rotonda é horrible"; di unha veciña, outra asegura que "tiñan que ter unha planificación mellor".
A apertura do novo treito da A-54 acurtou tempos nos desprazamentos pero non aliviou de tráfico o centro da vila.
"Eu teño aí un negocio e a verdade é que é un caos por onde está agora a entrada, xa o era antes", asegura unha veciña.
Púxose en marcha un plan de tráfico, no que se aconsella os camións seguir circulando pola nacional para evitar as retencións nos accesos á autovía.
"Para os que veñen de Lugo o enlace a autovía non cae ben", explica un camioneiro, outro di que "é mellor ir pola nacional a Palas que coller a autovía".
Pero os camioneiros non serán os únicos que sigan camiño pola nacional tamén os propios veciños.
"Para ir a Palas non compensa", asegura un veciño.
O plan de tráfico tamén supuxo facer cambios na rotonda para facilitar o xiro dos camións e instaláronse máis semáforos para axilizar o tráfico.
"Eu penso que atasco non vai haber, son 500 metros de estrada, é pouco", di un veciño
A solución para o centro de Melide non chegará ata verán cando se prevé por en marcha outros seis quilómetros máis da autovía.