Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de lamprea no Miño dispara o seu prezo

A escaseza de lamprea no Miño dispara o seu prezo

As pezas chegan a pagarse ata a 130 euros

G24.gal 04/02/2025 13:54

En plena campaña a escaseza de lamprea no Miño preocupa a pescadores e hostaleiros, e o seu prezo está a bater marcas históricas.

Segundo José Luís Pereira, administrador do restaurante Os Pirús, no río están a pagar a 130 euros a peza e hai tan poucas capturas que teñen que traballar baixo encarga. Nos restaurantes comer este manxar pode chegar aos 190 euros, o que hai anos custaban dúas lampreas. 

A campaña en Arbo comeza no mes de marzo pero se esta situación se mantén periga a posibilidade de degustala na Festa da Lamprea que se celebrará neste concello pontevedrés en abril.

Un evento que chega con polémica, á conta do cartel elixido para promovelo. Foi criticado nas redes sociais e tamén por moitos veciños xa que, segundo eles, non recolle a imaxe dunha lamprea, que máis ben parece unha anguía. Din tamén que o gaiteiro que aparece no cartel non é galego, senón asturiano ou escocés. Aínda así, o Concello manterá o cartel, respectando a decisión do xurado do concurso.

Polémicas á parte, en Arbo agardan que a situación mude para poder renderlle homenaxe a este peixe prehistórico na festa deste ano.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade