Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asalta un condutor cun coitelo e pídelle que o leve a outro barrio da cidade de Lugo

Asalta un condutor cun coitelo e pídelle que o leve a outro barrio da cidade de Lugo

O asaltante foi identificado e detido por ata tres delitos diferentes

Tras pasar a disposición xudicial, o asaltante quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo

G24.gal 04/02/2025 13:58

Unha rúa de Lugo, xunto á muralla romana, foi o escenario dun particular asalto. A vítima é un home que se dispoñíaa regresar á casa, contra as dúas da madrugada. Subiu confiado ao seu coche, pero de súpeto o condutor viuse sobresaltado pola presenza doutra persoa que se lle metía dentro.

"Abre o vehículo para ir ao seu domicilio e encontrouse con esta persoa que a ameaza. Levou un susto enorme, pero actuou moi ben, mantivo a calma para poder saír do paso", relata o voceiro da Policía Nacional en Lugo, Manuel Arias.

O asaltante ameazou o condutor cun coitelo e reclamoulle todas as súas pertenzas, pero a cousa non quedou aí, obrigouno a que o levase ata outro barrio da cidade. Tras deixalo en destino, un fuxiu e o outro trasladouse rapidamente ata as dependencias da policía Nacional a presentar denuncia. Tras un intenso traballo de investigación conseguiron identificalo e detelo por ata tres delitos, un deles de quebrantamento de medida cautelar con respecto a un dos escenarios deste particular asalto.

"A detención prodúcese por detención ilegal, roubo con violencia e quebrantamento dunha medida cautelar xa que tiña unha orde de afastamento dunha das zonas en que estivo", explica Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo.

Tras pasar a disposición xudicial, o asaltante quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo.

Malia que este tipo de asaltos son moi inusuais en cidades como a de Lugo, os expertos recomendan non levar cousas de valor á vista nos asentos e mesmo pechar o vehículo por dentro para evitar a entrada de persoas ou os roubos cando estamos, por exemplo, parados nun semáforo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade