Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dous homes cunha tonelada de cobre supostamente roubado en Maceda

Deteñen dous homes cunha tonelada de cobre supostamente roubado en Maceda

Os arrestos realizáronse na vila pontevedresa de Arbo o mesmo día en que foran subtraídos os cables de cobre na localidade ourensá

G24.gal 04/02/2025 13:05

A Garda Civil de Arbo detivo dous homes de 29 e 31 anos, veciños do municipio de Crecente, como supostos autores do roubo dunha tonelada de cobre, e que foron sorprendidos transportando o material nun vehículo.

Segundo informaron a Comandancia de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado venres, cando unha patrulla detectou unha furgoneta sospeitosa, á que lle deron o alto para identificar os seus ocupantes e rexistrar o seu interior.

No vehículo atoparon mil quilos de cable de cobre de procedencia descoñecida, polo que se realizaron distintas xestións, que levaron a confirmar que ese material fora subtraído ese mesmo día na localidade ourensá de Maceda.

Por estes feitos, foron detidos o condutor e o seu acompañante, un deles con antecedentes por delitos contra o patrimonio, aos que se lles tomou declaración. Ambos foron postos en liberdade e deberán comparecer perante o xulgado de Ponteareas, onde remitíronse as dilixencias practicadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade