Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia necesita aumentar as reservas de sangue, especialmente do grupo 0-

Galicia necesita aumentar as reservas de sangue, especialmente do grupo 0-

Os grupos A-,0- e B- son os que necesitan un maior incremento dos seus niveis de reserva

A necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue

G24.gal 04/02/2025 11:19

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembrou a necesidade de aumentar o número de doazóns nas próximas xornadas, especialmente, de doantes do grupo 0-, popularmente coñecido como doante universal.

ADOS lembra que os meses de xaneiro e febreiro adoitan coincidir cun aumento dos casos de enfermidades como a gripe, que impiden a doazón de forma temporal, ata a recuperación de laxa afectados e afectadas. Polo que son datas nas que se pode reducir a base de potenciais doantes.

A necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Deste xeito, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á doazón a toda a cidadanía para aumentar a participación nestas xornadas.

Os desprazamentos que realizarán as súas unidades

Así, este martes, día 4 de febreiro estarán no municipio de Cabanas, nos barrios coruñeses de Riazor e Catro Camiños, no Pino, en Santiago de Compostela -Xunta de Galicia-, no edificio administrativo da Xunta en Lugo, en Barbadás -A Valenzá-, no IES Laxeiro de Lalín, en Pontecesures e no Centro Educativo Aloya e o barrio do Calvario de Vigo.

O mércores, día 5 de febreiro, estarán no IES Leixa de Ferrol, no CIAM de Mabegondo, no barrio Villa Negreira da Coruña, en Carral, no edificio da Xunta de Galicia en Santiago, en Alcoa, na Praza Maior de Lugo, en Arnoia, no barrio do Possio de Ourense, na AGASP da Estrada, na Zona Ferraría de Pontevedra, en Silleda, no IES María Soliño de Cangas, así como no barrio de Teis e a rúa Príncipe de Vigo.

O xoves, día 6, estarán nas Pontes, na zona da Deputación e Cantón-Obelisco da Coruña, na Praza Roxa e na Xunta, en Santiago, #ante a Garda Civil e na Praza Maior de Lugo, no barrio da Estación de Ourense, en Baiona, en Caldas de Reis e no IES A Guía de Vigo.

Na xornada do venres desprazaranse ao barrio das Conchinas, na Coruña; a Carballo, Neda, Ribeira, ao Colexio Santa Apolonia de Santiago, a Burela, Verín, A Guarda, Cangas do Morrazo e Lalín.

Por último, o sábado, día 8, estarán en Carballo, Neda, Ribeira, Lalín e Candas do Morrazo.

ADOS sinala que o chamamento á colaboración da cidadanía é xeneralizado, pero moi especialmente aos doantes que pertencen aos grupos 0-, A- e B-.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade