Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prevé resolver en 6 meses todas as solicitudes de recoñecemento de dependencia

A Xunta prevé resolver en 6 meses todas as solicitudes de recoñecemento de dependencia

Dende a posta en marcha do plan o 1 de xaneiro, 5.000 galegos que tiñan recoñecida a dependencia xa recibiron, por convalidación, a valoración da discapacidade

O Goberno galego valora positivamente o plan de choque posto en marcha para axilizar as valoracións de discapacidade

G24.gal 04/02/2025 14:39

A Xunta pretende que todos os galegos que soliciten a dependencia teñan a valoración nun prazo de seis meses. A conselleira de Política Social considera que o plan de choque posto en marcha o 1 de xaneiro está a dar moi bos resultados. En só un mes cinco mil galegos recibiron xa o recoñecemento da súa discapacidade.

"5.000 persoas que tiñan a dependencia e que grazas á validación automática acaban de recibir o recoñecemento da discapacidade no seu domicilio. E seguimos avanzando en febreiro e nos próximos días outras mil persoas que solicitaron a revisión da dependencia recibirán a valiación da discapacidade", dixo a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

García reivindicou que a Xunta leva "moitos anos traballando para axilizar o máximo posible" os procedementos de recoñecemento tanto da dependencia como da discapacidade, aínda que admitiu que aínda hai "moitas persoas" en Galicia que esperan por este recoñecemento.

Con todo, reivindicou as melloras desde 2023 neste sentido e destacou que desde o ano pasado incrementouse en máis dun 40 % o número de solicitudes de valoración da dependencia ou da discapacidade.

"Débeda histórica" do Goberno central

Doutra banda, a responsable de Política Social reclamou ao Goberno central a "débeda histórica" en materia de dependencia e aseverou que a Lei de dependencia é "moi clara" e di que a factura "debe pagarse a partes iguais" entre o Goberno galego e o central.

Con todo, ata o de agora, a Xunta asume o 70 % e o Goberno estatal "tan só o 30%", denunciou, á vez que lembrou que a débeda do Estado con Galicia nesta materia xa supera os 2.500 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade