Publicador de contidos
Publicador de contidos

O regreso aos escenarios de Riot Propaganda, un dos principais atractivos do Revenidas 2025

O regreso aos escenarios de Riot Propaganda, un dos principais atractivos do Revenidas 2025

O primeiro avance do cartel inclúe tres bandas internacionais: Dubioza Kolektiv, The Baboon Show e Dick Move

Tamén actuarán no festival Sés, Heredeiros da Crus, Hugo Guezeta e Bewis de la Rosa

Primeiro avance do cartel do Revenidas 2025 Primeiro avance do cartel do Revenidas 2025
G24.gal 04/02/2025 16:28

O regreso aos escenarios da banda Riot Propaganda, tras sete anos de silencio, será un dos principais atractivos do festival Revenidas 2025, que se celebrará en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, do 11 ao 14 de setembro.

A mítica banda de rapcore, resultante da fusión de Los Chikos del Maíz e Habeas Corpus, ofrecerá neste festival o seu único concerto en Galicia e un dos únicos dez que vai realizar en todo o territorio español.

Ademais deles, o primeiro avance do cartel do Revenidas, inclúe, fiel a súa esencia, propostas internacionais como os bosníacos Dubioza Kolektiv, os suecos The Baboon Show e os neozelandeses Dick Move.

Ademais, no festival haberá unha destacada representación da música galega con Sés, Heredeiros da Crus e Hugo Guezeta, mentres que a música emerxente da escena estatal estará representada pola rapeira madrileña Bewis de la Rosa.

 

 

Este primeiro avance do cartel reflicte, segundo destaca a organización, o seu compromiso coa paridade de xénero, coa presenza de artistas como Sés ou Bewis de la Rosa e bandas con destacadas presenzas femininas na súa formación, como The Baboon Show e Dick Move.

Os abonos para o Revenidas 2025 xa están á venda a un prezo de 65 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade