Cargando resultados...
O FIV volve encher Vilalba de música indie e abre a tempada festivaleira
Todos os abonos vendidos para a XVIII edición do festival
G24.gal
26/04/2025 21:12
Última actualización 26/04/2025 22:12
Celebrouse esta fin de semana a XVIII edición do Festival Independente de Vilalba, o FIV, un punto de encontro para os amantes da música indie co que se abre a temporada festivaleira en galicia.
Varry Brava, León Benavente, The Rapants e Shinova son algúns dos 16 grupos que participan nun evento do que se venderon todos os abonos e que consegue atraer a Vilalba milleiros de participantes en cada edición.