Denuncian o mal estado do estacionamento do hospital de Lugo
Denuncian o mal estado do estacionamento do hospital de Lugo
Os usuarios lamentan a falta de mantemento das instalacións e piden o seu asfaltado
Centos de persoas achéganse a diario ata o hospital de Lugo, pero estacionar non é tarefa sinxela, xa que, a pesar de que dende o Concello habilitaron varias explanadas, a súa falta de mantemento fai que sexan intransitables.
Os usuarios denuncian que hai fondas e grandes fochancas que son imposibles de evitar e que mesmo moitos coches petan abaixo, por iso dende as asociacións veciñais urxen o asfaltado do aparcadoiro.
Acceder á explanada do chamado leira párking do hospital de Lugo semella viaxar nunha montaña rusa e atravesar todas estas fochancas é para os usuarios un sufrimento que levanta numerosas queixas, lamentando a falta de mantemento das instalacións e pedindo melloras nestas.
Dende o Concello sinalan que están a estudar esta opción, pero tamén que precisan de diversos trámites, dende aprobar un presuposto ata informes de Patrimonio, dado que os terreos se atopan nunha zona protexida.