Cargando resultados...
O atropelo dun cabalo por parte dun camión dificultou a circulación por Alfonso Molina na Coruña
O atropelo dun cabalo por parte dun camión dificultou a circulación por Alfonso Molina na Coruña
O suceso produciuse á altura de Palavea, e as ringleiras para saír da cidade chegan ata o Carrefour
G24.gal
03/02/2025 08:01
Última actualización 03/02/2025 11:16
Un camión atropelou un cabalo a primeira hora desta mañá na Avenida Alfonso Molina na Coruña. Segundo informan fontes da Policía Local, o suceso produciuse sobre as 06:40 á altura de Palavea e as ringleiras para saír da cidade herculina chegaron ata o Carrefour.
Os axentes solicitaron aos condutores que, na media do posible, evitaran circular por este vial. Foi en dirección saída o que obrigou a cortar a circulación nun dos tramos ata que sobre as 08:15 horas liberouse o carril que permanecía nesa situación. De retirar da calzada ao animal e do seu traslado encargouse un camión do servizo de estradas, precisaron desde a Policía Local.