Catro xeracións dunha familia de Compostela xúntanse para celebrar os 100 anos de Estrella
Catro xeracións dunha familia de Compostela xúntanse para celebrar os 100 anos de Estrella
Estrella ten 12 fillos, 17 netos e 10 bisnetos
Nunca tivo problemas de saúde. Foi labradora e traballou as terras mentres o corpo llo permitiu
Chámase Estrella, é veciña de Santiago e hoxe celebrou un día moi especial xunto á súa familia. Acaba de facer un século de vida. Catro xeracións xuntáronse na casa para festexalo.
Estrella está de aniversario. Naceu tal día coma hoxe, un dous de febreiro de 1925, na Compostela destas imaxes, que nese mesmo ano anunciaba así as festas do Apóstolo.
Tivo 12 fillos, 17 netos e 10 bisnetos. Catro xeracións da súa familia xuntáronse para celebrarlle a festa dos 100 anos.
Estrella viviu sempre nesta casa do Barral, no barrio compostelán de San Caetano. Nunca tivo problemas de saúde. Foi labradora e traballou as terras mentres o corpo llo permitiu.
Pouco antes de cumprir os 100 anos, fixo unha nova amiga. Chámase Chiqui e desde que se coñeceron non se separa de Estrella.