Sancións de ata 20.000 euros para os administradores dos grupos que advirten de radares
Está previsto que este ano se aprobe unha lei para prohibilos
A Xustiza acaba de sancionar por primeira vez en España o administrador e varios usuarios dun destes grupos por alertar dun control
Os grupos de WhatsApp e doutras redes sociais que alertan da presenza de radares e controis de tráfico están perdendo usuarios.
Hai medo ás sancións, que poden chegar incluso ata os 20.000 euros para os administradores dos grupos.
Está previsto que este ano se aprobe unha lei para prohibilos.
"A DXT non ten actualmente ningún instrumento represor ou lexislativo que poida evitar a existencia destes grupos por moito que o pretenda", di Pedro Javaloyes, voceiro de DVuelta Recursos de Multas .
A nova Lei de Tráfico pretende sancionar eses grupos de avisos por insolidarios e porque poñen en perigo a seguridade. Aínda non saíu e xa xera controversia.
A Xustiza acaba de sancionar por primeira vez en España o administrador e varios usuarios dun destes grupos por alertar dun control, non era de radar, pero si da UCO, e deu ao traste cunha importante operación policial. Neste caso aplicouse a Lei de Seguridade Cidadá.