Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un peón queda ferido de gravidade ao ser atropelado na Fonte dos Ranchos, en Lugo

Un peón queda ferido de gravidade ao ser atropelado na Fonte dos Ranchos, en Lugo

O atropelo súmase a outros rexistrados recentemente noutros cruzamentos da cidade

O lugar do suceso encóntrase no cruzamento da rolda do Carme coa Fonte dos Ranchos e a rúa Azalea
Félix Aragunde 12/02/2025 13:36

Un peón foi atropelado na Fonte dos Ranchos, en Lugo. A vítima é un home que quedou ferido de gravidade, polo que tivo que ser mobilizada unha ambulancia do 061. O suceso produciuse no cruzamento coa rolda do Carme, no luscofusco e con chuvia.

Este último atropelo súmase a outros rexistrados recentemente en circunstancias similares. Fora o caso, a finais de xaneiro, dun septuaxenario alcanzado por outro vehículo nun cruzamento problemático da rúa San Roque.

Outro punto que pode resultar perigoso é o paso de peóns da estación de trens, que foi desprazado por mor das obras e que perdeu parte da pintura.

Na mesma xornada en que un peón era atropelado na Fonte dos Ranchos, un ciclista tamén foi alcanzado por un coche na estrada N-6 á altura da rotonda da Tolda de Castela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade