Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ratifican a condena de 13 anos de prisión imposta a un profesor por abusar dunha alumna

Ratifican a condena de 13 anos de prisión imposta a un profesor por abusar dunha alumna

O acusado estableceu conversación coa vítima a través dunha rede social usando un alias para que lle enviara fotografías e vídeos íntimos

Foto de arquivo da Audiencia Provincial de Ourense/EP Foto de arquivo da Audiencia Provincial de Ourense/EP
G24.gal 12/02/2025 11:40

A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) reafirma a condena de trece anos e medio de prisión imposta pola sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense a un profesor por abusar sexualmente, e de maneira continuada, dunha alumna desde que ela tiña 12 anos. Ademais, segundo recolle a sentenza, o acusado estableceu conversación coa vítima a través dunha rede social usando un alias para que lle enviara fotografías e vídeos íntimos.

O alto tribunal galego rexeitou o recurso de apelación da defensa do acusado tendo en conta a declaración da vítima, destacando "a sólida e categórica persistencia na incriminación" do recorrente, os testemuños doutras alumnas e os informes forenses.

O tribunal asegurou que "o acusado era perfectamente coñecedor da fraxilidade emocional da vítima", e, aproveitando esas circunstancias, "presentouse como unha figura de referencia e apoio".

Ademais, incidiu en que o home tiña 45 anos no momento dos feitos e, polo tanto, "ostentaba unha posición de superioridade derivada da diferenza de idade, da súa condición de docente e do ascendente que exercía" sobre a menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade