Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas tres persoas en Culleredo pola venda de 8 toneladas de cable de cobre roubado

Detidas tres persoas en Culleredo pola venda de 8 toneladas de cable de cobre roubado

A Garda Civil sinalou que a investigación da operación Fillum permitiu recuperar o material roubado en dúas chatarrerías, unha situada na provincia da Coruña e a outra, en Asturias

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 12/02/2025 10:15

A Garda Civil de Culleredo (A Coruña) detivo tres persoas pola venda de máis de oito toneladas de cable de cobre telefónico roubado e valorado en 52.000 euros, informou este mércores o instituto armado.

A Garda Civil sinalou que a investigación da operación Fillum permitiu recuperar o material roubado en dúas chatarrerías, unha situada na provincia da Coruña e a outra, en Asturias.

Tras as xestións realizadas, o cable recuperado en Asturias trasladouse nun camión para devolvelo ao seu lexítimo propietario.

Os detidos empregaban datos persoais de polo menos seis veciños das localidades coruñesas de Cambre e Carral para a emisión de facturas fraudulentas, co fin de dificultar o labor dos investigadores.

Entre os detidos atópase o dono da chatarrería da Coruña, quen adquiría o cable subtraído en diversas localidades da provincia.

O Equipo Roca da Garda Civil de Xixón tamén participou na operación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade