Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda defende o labor dos técnicos na tramitación de Altri e Pontón fala de "franquismo industrial"

Rueda defende o labor dos técnicos na tramitación de Altri e Pontón fala de "franquismo industrial"

O presidente galego acusa o BNG de someter a unha "coacción inxusta, irresponsable, continuada, covarde e indocumentada" os técnicos da Xunta

Besteiro esíxelle á Xunta que "actúe xa para conter os prezos da vivenda"

 

directo O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control ao Goberno celebrada no Parlamento Galego (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 12/02/2025 08:34

O proxecto de Altri para Palas de Rei (Lugo) centrou unha nova rifa verbal entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a líder do BNG, Ana Pontón, no Parlamento galego. A voceira nacional do Bloque acusa a Xunta de "ocultar" documentos sobre o proxecto e pregúntase: "Se ese proxecto de macrocelulosa é tan fantástico, por que non o queren en Portugal, señor Rueda? Moi fácil: porque é unha bomba ambiental". 

Ana Pontón: "O seu proxecto é recuperar o franquismo industrial das celulosas"

Pontón pídelle a Rueda que "rectifique" ante un proxecto que, ao seu xuízo, supón unha volta ao pasado e fala de "franquismo industrial".

"O seu proxecto é volver ao pasado; recuperar o franquismo industrial das celulosas. Ese é o modelo que recuperan vostedes no 2025: impoñernos unha macrocelulosa no país. Non hipoteque o futuro das nosas fillas e fillos e rectifique".
 

O presidente da Xunta rexeita as críticas dos nacionalistas, aos que acusa de cambiar o seu criterio sobre Altri tras a derrota electoral, e fala da "miopía do BNG". "Xa apareceu Franco en Altri, xa tardaba!", dixo Alfonso Rueda na sesión de control.

O mandatario galego tirou de exemplos de empresas ligadas a outros países que producen en Galicia: "Por que Stellantis non se vai a París? Ou Alcoa, por que non a quere Trump? Esa é a miopía do nacionalismo", esgrimiu.

Na sesión, o presidente da Xunta instou a Ana Pontón a "pedir perdón" aos técnicos da Xunta por poñer en dúbida o seu labor na tramitación do proxecto de Altri. "Vostedes falaron de coacción aos funcionarios. É verdade. Hóuboa. Sabe de quen? De vostedes, señora Pontón. Unha coacción inxusta, irresponsable, continuada, covarde e indocumentada", sentenciou Rueda.

Besteiro a Rueda "Pídolle que actúe xa para conter os prezos da vivenda"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, preguntou a Rueda sobre as desigualdades en Galicia e, en concreto, sobre o problema da  vivenda. Esixiulle a Rueda que "actúe xa con medidas para conter os prezos", como a creación dun banco público que permitiría que saíran ao mercado 5.000 vivendas "a prezos razoables".

Rueda defende as medidas postas en marcha pola Xunta e botoulle en cara a falta de implicación do Goberno central: "O 75 % dos fondos que temos no orzamento son fondos da Xunta e o 25 % veñen do Estado. Pero non son fondos de ningún gobernante, e menos de Sánchez ou da ministra de Vivenda".

A Xunta activará proximamente unha axuda económica instantánea a dependentes en espera de praza

A Xunta prevé activar proximamente a axuda económica instantánea para persoas dependentes que están á espera dunha praza nun servizo de atención á dependencia, ao ter xa este dereito recoñecido. Segundo explicou nunha nota de prensa, concederá nos próximos meses unha contraprestación económica para aquelas persoas dependentes mentres non conten coa praza que solicitaran nun servizo de atención á dependencia.

A medida forma parte do segundo pan de choque da dependencia posto en marcha este ano, en abril de 2024, xunto con outras actuacións para reducir á metade os tempos de tramitación dos expedientes, ata deixar o máximo en seis meses.

Co primeiro plan de choque, en 2021, incrementouse "un 20 % o número de dependentes atendidos" e axilizáronse nun 15 % os tempos de atención, co que o número de solicitantes en dependencia aumentou en máis dun 40 %.Indicouno o presidente da Xunta durante a sesión de control ao Goberno, na que respondeu a unha pregunta do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que denunciou que neste momento hai "catro mil galegos  e galegas pendentes da resolución".

Rueda díxolle que nos último corenta días cinco mil galegos e galegas melloraron a súa catalogación e pasaron a ter a cualificación de dependentes desde a incapacidade".

Con este segundo plan de axilización, vixente do 1 de xaneiro, a Xunta busca simplificar os trámites, cun prazo máximo de seis meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade