Cargando resultados...
Fai a súa lápida en vida con data da morte incluída
Santos Domínguez é natural de Celanova, ten 74 anos e habitualmente reside nos Estados Unidos
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250211/lapida.png)
G24.gal
11/02/2025 21:18
Última actualización 11/02/2025 21:23
Os cemiterios son lugares que miran cara ao pasado, pero hai un no concello de Celanova que se anticipa ao futuro.
Un veciño de Milmanda colocou a súa lápida en vida e, por se iso fose pouco, puxo incluso a data da súa morte.
Establece que será o sete de decembro de 2030.
Santos Domínguez ten 74 anos e habitualmente reside nos Estados Unidos.
A aparición da lápida coa futura data do seu falecemento causou, como non, moita sorpresa en Celanova.