Un bólido visible dende a Coruña e Lugo atravesa o ceo de Galicia
Deixou ao seu paso unha luz de cor verde e, segundo unha testemuña, acabou dividíndose en tres partes
Un meteoro iluminou o ceo de Galicia á primeira hora deste mércores e puido verse desde varios puntos da provincia da Coruña e Lugo.
O avistamento do bólido desde terra foi confirmado polo Observatorio Astronónico Ramón María Aller da USC.
Varios alertadores chamaron ao 112 desde Sarria e distintos puntos da provincia da Coruña para informar de que un obxecto luminoso cruzara a gran velocidade o ceo minutos despois das 08,20 horas.
As chamadas ao 112 relataban que se trataba dun corpo que deixou ao seu paso unha luz de cor verde. Un dos alertadores que chamou dende Sarria afirmou que o bólido terminou por dividirse en tres partes.
Como explica Jose Angel Docobo, catedrático de Astronomia da USC, no sistema solar ademais dos planetas e satélites hai corpos moi pequenos que son dificilmente detectables cando se están movendo ao redor do Sol e prácticamente damonos conta cando os temos enriba de nós.
Noutros puntos de España, como Sevilla, Granada ou Ciudad Rodrigo captaron un fenómeno semellante. En Galicia seguíu unha traxectoria de Norte a Sur sobre o mar, desde o paralelo da Costa da Morte ata a desembocadura do Miño. Algunahs testemuñas afirmaron que se desfixo en tres anacos antes de desaparecer no mar.
Se o bólido caera en terra, as probabilidades de que supoña un perigo son minimas segun explica Docobo.