Primeiro cara a cara Sánchez-Feijóo de 2025
Despois o pleno convalidará o decreto pactado con Junts que inclúe a revalorización das pensións
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250212/congreso(12).png)
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo veranse hoxe de novo as caras. Será no Congreso, no primeiro pleno do ano co que se retoma a actividade parlamentaria de 2025. O presidente do Goberno responderá na sesión de control as preguntas dos grupos, a primeira a do presidente do Partido Popular, quen o interpelará sobre o funcionamento do Goberno de España e a relación entre os socios.
Boa parte da sesión estará centrada nas investigacións que afectan ao Goberno e ao círculo do presidente. Despois o pleno convalidará o decreto pactado con Junts que inclúe a revalorización das pensións. E, de fondo, o choque político entre o PSOE e Sumar pola tributación do salario mínimo.